Cargando eventos

« Todos eventos

Xosé María Chao Ledo

9 - Xullo

9x poesías de don jose maria chao ledoO 9 de xullo de 1894 morre Xosé María Chao Ledo, escritor.

No discurso de ingreso na Real Academia, lido o 15 de febreiro de 2003, o escritor Manuel María cotaloga a Chao Ledo como autor dunha Subescola poética vilalbesa, dentro da que Manuel María denominaba Escola poética da Terra Chá. Ao xuízo do escritor o poema de Chao Ledo A volta da primaveira é un dos máis fermosos poemas desta corrente. Chao Ledo compuxo en 1871 a obra de teatro de liña costumista A Noite Boa de 1871, estreada ese mesmo ano pola Juventud Católica de Mondoñedo.

Detalles

Data:
9 - Xullo