Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Ramón Vilar Ponte

10 - Xullo

10xO 10 de xullo de  1890 nace en Viveiro Ramón Vilar Ponte, xornalista e  un dos ideólogos das Irmandades da Fala. Durante a súa estadía en Ferrol foi director de El Correo Gallego e  fundou, xunto con Xaime Quintanilla, o Boletín Mensual da Irmandade da Fala da cidade.  En 1921 o grupo de Ferrol fundou a editorial Céltiga, a primeira editorial nacionalista dedicada á publicación de obras en galego, e da que Ramón Vilar Ponte sería  xerente. É autor de Doctrina nazonalista, o primeiro tratado teórico do nacionalismo. Ramón Vilar Ponte traduciu ao galego, xunto co seu irmán e P. R. Castro, Catuxa de Houlihan  e O país da saudade, do irlandés W. B. Yeat.

Foi membro da Real Academia Galega  e do Seminario de Estudos. Os fondos da biblioteca de Ramón Villar Ponte e do seu irmán Antón están no Parlamento de Galicia desde o ano 2001.

Detalles

Data:
10 - Xullo