Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Pura Vázquez Iglesias

31 - Marzo

Pura VázquezO 31 de marzo de 1918 nace, en Ourense, Carmen Pura Vázquez Iglesias. Podemos incluíala na chamada poesía de posguerra (Xeración de 1936) e fronte a liñas máis combativas ela creou unha poesía máis lírica e existencialista. No instituto, Otero Pedrayo orientou as súas primeiras publicacións, que verían a luz na revista La Zarpa –o seu primeiro texto poético apareceu cando tiña 15 anos–. Tras o golpe de estado seu pai é detido e encarcerado. Foi mestra primeiro en Galiza, Segovia, Madrid, marcha logo Venezuela, de volta a Madrid e nos últimos anos da súa vida no seu Ourense natal. Pura Vázquez foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras o golpe de estado e a guerra civil. Igualmente, foi unha das pioneiras e moi prolífica no eido da literatura infantil e xuvenil, continuadora dunha liña clásica e moralista. En 1996, escribe as súas memorias, Terra matria dos soños, que se publicarán en 1999.

Details

Date:
31 - Marzo