Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Benito Fernández Alonso

31 - Marzo

Benito FernándezO 31 de marzo de 1848 nace en Asperelo (Entrimo) Benito Fernández Alonso. No Seminario de Ourense estudou Humanidades e Filosofía, pero renunciou a seguir a carreira eclesiástica para dedicarse ao comercio. Moi afeccionado as estudos históricos, comezou a publicar traballos sobre este tema en El Heraldo Gallego, dirixido por Valentín Lamas Carvajal, e en La Ilustración Gallega y Asturiana. Foi un activísimo membro da Comisión de Monumentos ourensá, que contribuíu á creación do Museo Arqueolóxico Provincial. A súa produción en galego son textos narrativos publicados no xornal O Tío Marcos d’a Portela, colaborou tamén en Álbum Literario (onde publicou a serie El dialecto gallego). A morte sorprendeuno preparando un Diccionario Gallego, en colaboración con outros autores. Benito Fernándeza Alonso foi cronista da cidade de Ourense, membro da Real Academia da Historia, da de Belas Artes e Ciencias Históricas de Toledo e das Boas Letras de Barcelona, tamén, cofundador da Real Academia Galega.

Details

Date:
31 - Marzo