Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

María Antonia Dans

14 - Abril

María Antonia DansO 14 de abril de 1922 nace en Oza dos Ríos a pintora María Antonia Dans Boado. Na Coruña é onde recibe as primeiras leccións da man dunha notable debuxante, Lolita Díaz Baliño, será tamén na Coruña onde realice as primeiras exposicións e onde intente dedicarse profesionalmente á pintura. Logo de casar trasládase a Madrid, onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando. Expón en numerosas cidades de todo o Estado, en París, consegue o premio da Fundación March, obtivo bolsas para ampliación de estudos así como numerosos premios e distincións. As faenas do campo e o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.

Details

Date:
14 - Abril