Cargando eventos

« Todos eventos

La Ilustración de Galicia y Asturias

15 - Xuño

15 xO 15 de xuño de 1878  publicase o primeiro número de La Ilustración de Galicia y Asturias, dirixida por Manuel Murguía.  Revista quincenal ilustrada, editada en Madrid, durou con esta denominación até o 10 de xaneiro de 1879, data en que cambiou de nome por La Ilustración Gallega y Asturiana, de periodicidade decenal. Foi unha publicación multilingüe, editada en galego, asturiano e castelán. Nela publicaron textos autores como Rosalía, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez, e nas súas páxinas saíu a primeira novela en galego, Majina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares.

Detalles

Data:
15 - Xuño