Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Antonio Román e O carro e o home

16 - Xuño

16 xO 16 de xuño de 1989 morre Antonio Román. Nado en Ourense é alí onde fai os seus primeiros ensaios cinematográficos, algunhas veces acompañado doutro futuro cineasta, Carlos Velo. Inicia a súa carreira como director co filme Canto de emigración. Durante a Guerra só fará críticas e artigos na revista Radiocinema. Entre 1939 e 1941 realizará unha serie de documentais entre o que se encontra El hombre y el carro, documental que forma parte da cinematografía fundacional galega. O filme é un relato lineal da vida do carro que serve de fío condutor para seguir diversos traballos do agro galego. Formalmente está emparentada coas vangardas anteriores á Guerra Civil. Filmouse nas terras ourensás de Lobeira  coa axuda do etnógrafo Xoaquín Lorenzo Xocas, e coa colaboración de Carlos Serrano de Osma. En 1980 Eloi Lozano, sobre o copión do filme aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense e conservado logo no Museo do Pobo Galegos,  coa axuda desta entidade, fai a restauración e monta unha nova versión do documental cunha locución do propio Xocas. Levará por título O carro e o home e vaise converter nun referente da cinematografía galega.

Detalles

Data:
16 - Xuño