Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Fin da Revista Galicia

25 - Outubro

25 oO 25 de outubro de 1880 desaparece a Revista de Galicia dirixida por Emilia Pardo Bazán. Subtitulada Semanario de Literatura, Ciencias y Artes saía os días 4, 11, 18 e 25 de cada mes. No número 9 suprimiu a palabra Semanario ao cambiar a súa periodicidade para saír só os días 10 e 25 pero pasando de 8 a 24 páxinas. Nela van aparecer publicados estudos sobre arte, historia e xeografía e información sobre a actividade cultural de Galiza. A Revista achega textos descoñecidos de Emilia Pardo Bazán, uns asinados co seu nome, outros anónimos e outros baixo o pseudónimo de Torre-Cores.

Detalles

Data:
25 - Outubro