Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Plan pedagóxico pr’a galeguizazón d’as escolas

25 - Outubro

O 25 de outubro de 1921 edítase por primeira vez o Plan pedagóxico pr’a galeguizazón d’as escolas” da autoría de Vicente Risco. Foi editado pola revista Nós no nº 6, 20-VIII, pp. 5-7 e no nº 7, 25-X, pp. 10-12. Este plan fóralle encomendado a Risco pola III Asemblea Nacionalista Galega. Con el inaugúrase a sección pedagóxica da revista Nós coa que se pretendía contribuír á propaganda para a meirande eficacia educativa e galeguizante das escolas. Risco dirá: O sentimento da Terra. Enxebrismo e amor á patria Galega… Isto pertence á educación moral e social, á educación estética, á educación intelectual. O sentimento da Terra ten que sela base da nosa educación e do noso ensino. Risco indica así mesmo a necesidade de adaptar o edificio escolar ao contexto socio-ambiental galego, a importancia da claridade e da limpeza na aula, propón a abolición da tarima para que o mestre estea a carón dos rapaces e o fomento da solidariedade, a autonomía e a liberdade, deixando á iniciativa dos nenos a organización de certas actividades.

Detalles

Data:
25 - Outubro