Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Festa dos Maios

1 - Maio

Aí vén o maio

de frores cuberto …

Puxéronse á porta

cantándome os nenos;

i os puchos furados

pra min estendendo,

pedíronme crocas

dos meus castiñeiros.

(Curros Enríquez)

Maio en PontevedraArredor do primeiro de maio sóese celebrar a chamada Festa dos Maios, na que se exalta a natureza ao principio da primavera. Orixinaria das civilizacións romanas, realízanse representacións, bailes, cantos arredor dos maios: estruturas inspiradas en figuras de árbores pero que, na actualidade, adoptan formas máis variadas, adornadas de follas, flores, froitos. Tamén son típicas as coplas que se cantan –moitas veces, imprímense e véndense aos asistentes– nestas celebracións.

Details

Date:
1 - Maio