Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Celestino Cabarcos

14 - Maio

O día 14 de maio de 1883 nace na Laxe (O Valadouro) o escritor e sacerdote Celestino Cabarcos. Tras estudar no Seminario de Mondoñedo, exerceu de párroco de Romariz (Abadín) e Lagoa (Alfoz). Co pseudónimo de Cástulo e O Bruxo dos Ermos colaborou en publicacións como Vallibria, El Ideal Gallego ou Las Riberas del Eo. Celestino foi amigo de Noriega Varela e López Abente, que lle dedicaron as súas obras, Do Ermo e Alento da Raza, respectivamente. Cabarcos foi o primeiro en publicar poemas en lingua galega durante a Guerra Civil, xa que continuou coa sección Cóxegas que mantiña en Vallibria, aínda que exaltando o bando sublevado. En 1955 con ese título de Cóxegas pública unha escolmas que non aparecen os poemas de ton bélico– en forma de libro. Celestino Cabarcos morre en 1961.

Details

Date:
14 - Maio