Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

José Pan de Soraluce

14 - Maio

José Pan de SoraluceO día 14 de maio de 1875 nace na Coruña o escritor, avogado, político e diplomático José Pan de Soraluce. Tras cursar estudos de diplomático, destínano a París, primeiro como vicecónsul e despois como cónsul. Co pseudónimo de “Micromegas” publicou crónicas xornalísticas no xornal coruñés El Noroeste.

De volta na Coruña, foi deputado provincial e mesmo presidente da Deputación da Coruña desde decembro de 1913. Tamén foi deputado e senador nas Cortes do Estado. En 1930 nomeárono subsecretario do Ministerio de Economía Nacional. Deixa a actividade política e volve á diplomática en embaixadas de varios países. Tras a Guerra Civil, foi conselleiro do Ministerio de Industria e xefe da sección europea da Dirección Xeral de Política do Ministerio de Asuntos Exteriores.

José Pan de Soraluce morre en Madrid en 1948.

Details

Date:
14 - Maio