Cargando eventos

« Todos os eventos

Arquivo do Reino de Galicia

3 - Febreiro

Real Cédula Carlos IO 3 de febreiro de 1529 emítese a Real Cédula por Carlos I de Castela que dará orixe ao Arquivo do Reino Galicia que nace para salvagarda e custodia dos procedementos da Real Audiencia de Galicia, aínda que habería que esperar á Real Cédula de Carlos III de 1775, cando se crea o Arquivo, ao asignarlle tamén persoal e unhas normas de funcionamento. Orixinariamente, a súa sede era o Palacio da Real Audiencia. Será en 1898 cando o arquitecto Luis Bellido redacte o primeiro proxecto de construción dun edificio propio. A este seguiron outros proxectos de Pedro Mariño (en 1923) e Rafael González Villar e Leoncio Bescansa (en 1929). En 1956, finalmente, o Arquivo foi trasladado ao seu actual emprazamento, ao lado do coruñés Xardín de San Carlos, nun edificio inaugurado en 1955 e proxectado por Antonio Tenreiro. Os procedementos da Real Audiencia de Galicia constitúen o núcleo dos fondos do Arquivo. No Arquivo gárdanse fondos que se remontan, no caso de diversos diplomas en pergamiño, ao século IX. Entre 1870 e 1875 o Arquivo tivo un xefe ilustre: Manuel Murguía.

Detalles

Data:
3 - Febreiro