Cargando eventos

« Todos os eventos

Luís Aguirre del Río

3 - Febreiro

Diccionario del Dialecto GallegoO 3 de febreiro de 1842 nace en Lestrobe (Dodro) Luís Aguirre del Río, autor do primeiro dicionario bilingüe galego–castelán. Tamén escribiu poesía e zarzuela, todas elas en español. A principal contribución á cultura galega foi o Diccionario del dialecto gallego, unha obra que inclúe unhas 8 000 palabras e que o escribiu mentres estudaba en Compostela, está datado en 1858. En 1862, Luís Aguirre vai vivir a Madrid e entregou o orixinal do seu dicionario no xornal El Alba Católica, que nunca chegou a publicalo. A obra foi considerada, durante moitos anos, perdida polos estudosos aínda que,finalmente, sóubose que o manuscrito fora conservado no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, non sendo publicado ata o 2007. Cómpre lembrar que o primeiro dicionario –bilingüe– publicado foi o Diccionario Gallego–Castellano de Francisco Javier Rodríguez, editado por Galicia. Revista Universal de este Reino na Coruña (imprenta do Hospicio Provincial) no ano 1863.

Detalles

Data:
3 - Febreiro