BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Almanaque das Irmandades - ECPv6.5.1.4//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://almanaquedasirmandades.gal
X-WR-CALDESC:Events for Almanaque das Irmandades
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260420
DTEND;VALUE=DATE:20260421
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T172119Z
LAST-MODIFIED:20160209T094716Z
UID:13970-1776643200-1776729599@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:O Boletín da RAG en galego.
DESCRIPTION:O 20 abril de 1910 úsase o galego por vez primeira nas páxinas do Boletín da RAG. Aínda que a Academia Galega tiña entre os seus obxectivos a dignificación da lingua habería que esperar  a 1910 para atopar o galego nos seus boletíns. Será no Boletín n° 35 (20 abril de 1910)\, boletín en que se reproduciron os discursos lidos na solemne sesión do 13 de Decembro do 1909 celebrada en Santiago para a recepción do Académico de número Amador Montenegro Saavedra o primeiro en redixir en galego o seu discurso de ingreso\, Alma d’a poesía gallega e contestado igualmente en galego por Xan Barcia Caballero.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/o-boletin-da-rag-en-galego-2026-04-20/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260420
DTEND;VALUE=DATE:20260421
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20170415T092313Z
LAST-MODIFIED:20170415T095817Z
UID:49812-1776643200-1776729599@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Ingreso na RAG. Discursos 1906-1936
DESCRIPTION:‘Un pueblo que olvida su lengua es un pueblo muerto’\nManuel Murguía\, primeiro presidente da Real Academia \nO 4 de setembro de 1905 na Casa do Consulado da Coruña\, nunha Xunta Extraordinaria presidida por Manuel Murguía\, constitúese a Real Academia. Nesa xunta\, entre outros asuntos\, acórdase que a residencia da Academia sexa A Coruña\, decídese que sexan 40 os membros de número [1]\, apróbanse os estatutos da institución e establécese unha Xunta anual en cada unha das cidades galegas. Así mesmo serán elixidos os cargos para a Xunta de Goberno\, resultando Manuel Murguía presidente; Uxío Carré Aldao\, secretario; Galo Salinas Rodríguez\, arquiveiro-bibliotecario e José Pérez Ballesteros\, tesoureiro.\nSerá o domingo 30 de setembro de 1906 cando se inaugure oficialmente baixo a Presidencia de Murguía a Real Academia Galega no salón da coruñesa Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns. O discurso de Murguía como presidente\, que sería lido por Manuel Banet Fontenla\, versou sobre o idioma. \nAntes de xullo de 1936 lerían o seu discurso de ingreso na Academia\, segundo a documentación da propia Real Academia\, dezanove persoeiros. Deles faríano en galego: Amador Montenegro\, Ramón Cabanillas\, Evaristo Martelo Paumán\, Vicente Risco\, Otero Pedrayo\, Antón Vilar Ponte e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao [2]. \nO 13 de decembro de 1909\, á idade de 45 anos\, ingresa na Real Academia Amador Montenegro Saavedra co discurso ‘Alma da poesía gallega’\, converténdose no primeiro membro da institución en ler o discurso de ingreso en galego. Fora proposto como novo membro por Salvador Golpe Varela\, Manuel Lago González e José Pérez Ballesteros. A contestación\, realizada polo académico Juan Barcía Caballero\, tamén foi en galego. Ocuparía a cadeira de Arturo Vázquez Núñez. \nNo 31 de agosto de 1920 tiña lugar no Balneario de Mondariz\, nunha histórica primeira sesión da Real Academia fora da súa sede\, o acto de recepción de Ramón Cabanillas como membro de número. Faríao coa lectura do discurso ‘A saudade nos poetas galegos’. O discurso foi respondido en nome da Academia por Eladio Rodríguez González. Cabanillas fora proposto por Francisco Tettamancy\, Florencio Vaamonde Lores e Eladio Rodríguez González. O semanario ‘La Temporada en Mondariz’ recollería no seu número 14 do 5 de setembro de 1920\, unha extensa reportaxe sobre a súa cerimonia de recepción na Academia. O complexo de Mondariz\, rexentado por Enrique Peinador Lines\,  acolleu eses días os actos\, ao lado do ingreso de Cabanillas\, do ingreso de Antonio Rey Soto que se celebrara o día anterior e unha  homenaxe a Manuel Murguía que se celebraría o día seguinte\, mércores 1 de setembro. Cabanillas\, contaba 44 anos cando ingresa na Academia e sucede na cadeira a José Salgado Rodríguez. \nEvaristo Martelo Paumán ingresa o 16 de xuño de 1921 co discurso ‘Pondal e a súa obra’. Resposta en nome da Academia\, Uxío Carré Aldao\, tamén en galego. Contaba 68 anos na data do seu ingreso. A súa candidatura como académico de número fora proposta en xunta ordinaria celebrada o 17 de xullo de 1920 polos académicos Manuel Murguía\, Francisco Tettamancy e Florencio Vaamonde para ocupar a praza vacante\, por falecemento\, de Eduardo Pondal. No seu discurso faría extensa análise encomiástica do legado poético de Pondal. \nVicente Risco contaba 45 anos cando ingresa como académico o 23 de febreiro de 1929 co discurso ‘Un caso de lycantropía: (o home-lobo)’. Nel desenvolvería o caso de Manuel Blanco Romasanta\, o lobishome de Allariz\, e a licantropía en Galiza. Responde en nome da Academia Ramón Cabanillas. Fora proposto por Manuel Martínez Murguía\, Eladio Rodríguez González e Manuel Lugrís Freire e ocuparía a cadeira de Francisco Tettamancy. \nOtero Pedrayo lería o seu discurso de ingreso o 9 de decembro dese 1929. No número 73 da revista Nós aparecerá a crónica da súa recepción na Academia que se celebraría no Salón de actos do Círculo de Artesáns da Coruña. ‘Romantismo\, saudade e sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz\, Rosalía de Castro e Pondal’ é o título do seu discurso de ingreso\, discurso ao que respondería Vicente Risco. Fora proposto por Marcelo Macías\, José Vega y Blanco e Eladio Rodríguez González e ocuparía a cadeira de Francisco Ponte y Blanco. Pola extensión do discurso Otero Pedrayo só daría leitura a algúns treitos seleccionados. Otero Pedrayo contaba con 41 anos cando ingresa na Academia. A súa recepción como académico tería lugar oito días despois do previsto por mor dun accidente de tránsito que sufrira ao pé da Torre de Hércules  na mañá do día inicialmente disposto para o seu ingreso. [3] \nCoa entrada de Vicente Risco e Otero Pedrayo\, os dous no mesmo ano de 1929\,  a Academia empezaba a incorporar algún membro das Irmandades da Fala\, Seminario de Estudos Galegos e Partido Galeguista. Antón Vilar Ponte e Castelao non terían entrada até 1934. As relacións das Irmandades da Fala coa Academia foron en ocasións complicadas\, entre outras razóns polo pouco compromiso mostrado pola Academia na defensa da lingua. Poden servir como exemplo as propias palabras de Antón Vilar Ponte: ‘Cando ingrese farei unha proposta para que no termo de cinco anos\, como mínimo\, tódolos académicos de número se poñan en condicións de saberen falar e escribir o galego\, para que nas sesións\, cando menos\, o empreguen en troques do castelán’. As discrepancias atinxían tamén a escolla que a Academia facía de membros e presidentes.\nHoubo que esperar a 1934 para que ingresen na Academia Antón Vilar Ponte e Castelao. Será nas datas do 24 e o 25 de xullo. A recepción dos novos académicos terá  lugar no Salón de Actos do Concello da Coruña e alcanzarían un grande eco na prensa do momento\, tanto na Galiza como na emigración. \nProposto por Eladio Rodríguez González\, Félix Estrada Catoyra e Francisco Ponte\, o 24 de xullo de 1934\, cando contaba 53 anos e sucedendo na cadeira a Manuel Lago González\,  le o seu discurso de ingreso na Academia Antón Vilar Ponte. Leva por título ‘O sentimento liberal na Galiza’. Responde en nome da Academia Ramón Otero Pedrayo. Antón Vilar Ponte apenas será ano e medio académico do 24/07/1934 a 04/03/1936. Morrerá o 4 de marzo do 36 dunha perforación gástrica. \nO día 25 de xullo\, ao día seguinte do ingreso de Antón Vilar Ponte na Academia\, no propio Día de Galicia de 1934\, ingresa Castelao na Academia co discurso ‘As cruces de pedra na Galiza’. Responde en nome da Academia o propio Vilar Ponte. Castelao fora proposto por Marcelo Macías\, Vicente Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo. Na súa proposta de ingreso indicaban:\nÂ Real Academia Galega\nOs Académicos que abaixo firman\, teñen a honra de propôr a esa douta Corporación\, pra ocupar a vacante n-ela deixada pol-o Sr. D. Xosé Pan de Soraluce\, ao insine artista e escritor Don Alfonso Rodríguez Castelao.\nDiante d’iste nome\, os propoñentes cóidanse dispensados de toda loubanza\, e coidan qu’a proposta de tan ilustre galego ha ser acollida por todol-os Señores Académicos con unánime ledicia.\nCo-iste motivo\, saúdan garimosamente a esa Corporación e facemos votos pola sua prosperidade.\nOurense\, a doce de Febreiro de mil novecentos trinta\nMarcelo Macías\, Vicente Risco\, Ramón Otero Pedrayo.\nContaba Castelao 52 anos cando ingresa na Academia sucedendo a Xaime Ozores de Prado [4]. O seu memorable discurso sería avance da obra que co mesmo título publicaría en 1950 en Bos Aires.\nEscasamente dous anos estaría fisicamente Castelao como membro da Academia. Por decisión política\, camuflada baixo un traslado administrativo forzoso\, Castelao estivo desterrado en Badaxoz desde outubro de 1934 até setembro de 1935\, feito ao que seguiría en breve o levantamento fascista do 18 de xullo do 1936\, e con el o exilio de Castelao.\nAsí como a represión fascista a partir do 18 de xullo do 36 faría lume e sangue co Seminario de Estudos Galegos e o seu patrimonio e co Partido Galeguista\, non pasou o mesmo coa Real Academia\, institución moito menos significada\, e Castelao non sería dado de baixa\, figurando oficialmente como académico de número até o 7 de xaneiro de 1950\, día do seu falecemento. A súa necrolóxica foi publicada nas páxinas 159-160 do tomo XXV do Boletín da Academia\, tomo que corresponde ao período que vai de xaneiro de 1946 a decembro de 1950. Aparece redactada en galego\, sen foto\, co título só ‘Castelao’ e asinada coas iniciais R.O.P. que corresponden a Ramón Otero Pedrayo. As outras once necrolóxicas de membros de número publicadas no mesmo volume aparecerán redactadas en castelán e con foto. \n  \nNotas.\nAquelas persoas\, revistas\, xornais ou feitos que tiveron entrada ou forman parte dunha entrada no Almanaque da Asociación Cultura Alexandre Bóveda e a AS-PG van citados en nota indicando día e mes. \n[1]\nSerían membros fundadores:\nManuel Amor Meilán; Ánxel Amor Ruibal (11 de marzo); Ramón Armada Teixeiro (1 de xullo); Manuel Banet Fontenla (30 de marzo); Xan Barcia Caballero; Ramón Bernárdez González (16 de xuño); Salvador Cabeza de León (5 de febreiro); Uxío Carré Aldao (5 de novembro); Bieito Fernández Alonso; Celso García de la Riega; Salvador Golpe Varela (23 de xuño); Manuel Lago González (18 de marzo);Valentín Lamas Carvajal (7 de febreiro); Manuel Leiras Pulpeiro (25 de outubro); Antonio López Ferreiro (20 de marzo); Manuel Lugrís Freire (15 de febreiro); Marcial Miguel de la Iglesia; Marcelo Macías; Federico Maciñeira (3 de setembro); Manuel Murguía (1 de febreiro); Andrés Martínez Salazar (8 de febreiro); Eladio Oviedo Arce; Xosé Pérez Ballesteros (30 de xullo); Rafael Pérez Barreiro; Pablo Pérez Constanti (2 de decembro); Eduardo Pondal (8 de marzo); Wenceslao Requejo Pérez; Eladio Rodríguez González (14 de abril); Xesús Rodríguez López (24 de marzo); Francisco Romero Blanco; Galo Salinas (14 de marzo); Casto Sampedro Folgar (8 de abril); Leandro Saralegui Medina; Emilio Tapia Rivas; Francisco Tettamancy Gastón (15 de maio); Ramón Toxo Pérez (7 de outubro); Florencio Vaamonde Lores (20 de outubro); Indalecio Varela Lezano (14 de xuño);  Arturo Vázquez Núñez (2 de marzo); Xosé Vega Blanco. \n[2]\nAmador Montenegro (13 de decembro); Ramón Cabanillas (3 de xuño); Evaristo Martelo Paumán (25 de abril); Vicente Risco (30 de abril); Otero Pedrayo (5 de marzo); Antón Vilar Ponte (2 de outubro); Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (7 de xaneiro). \n[3]\nNa mañán do día primeiro do mes de nadal do 1929 chegóu á Coruña don Ramón Otero Pedrayo\, na compaña da súa muller. Ía facer a recepción como numerario da Academia Galega\, que tería de se celebrar no salón da “Reunión de Artesanos”.\nPola tardiña\, no mesmo automóvil que trouguera aos viaxeiros á cidade herculina\, achegóuse o matrimonio deica a Torre de Hércules. Ao se parar frente á Torre\, baixóu o conductor pra lles abrir a porta do vehículo. Nese mesmo intre\, o coche deslizóuse sin frenos pola pronunciada encosta e pasóu\, a piques de se despenar\, pola beira do acantilado. Volcóu o auto\, e foi de certo un miragre que non ocurrise unha catástrofe.\nNoustante\, don Ramón sofríu un forte golpe nunha perna que o deixóu inutilizado (…)\nDesde o accidente habíalle quedar xa pra sempre ao escritor ourensán un calco dooroso que se recrudecería anos máis tarde.\nOito días despóis do suceso sentíase don Ramón moi millorado. E o nove daquel mes lía o seu discurso de ingreso no fermoso salón do vello Circo.\nO discurso de ingreso na Academia Galega. O rego da cultura. Grial nº 52\, abril-xuño 1976. Editorial Galaxia. Vigo. \n[4]  Sobre Xosé Pan de Soraluce\, que falece en Madrid no ano 1948\, indica Ramón Villar Ponte que non tomou posesión “por ausencia” (Días\, hechos y hombres de la Real Academia Gallega\, La Coruña\, Impr. Moret\, 1953\, p. 45). Castelao sucedería na cadeira a Xaime Ozores de Prado.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/ingreso-na-rag-discursos-1906-1936-2026-04-20/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260421
DTEND;VALUE=DATE:20260422
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T172307Z
LAST-MODIFIED:20160209T094820Z
UID:14054-1776729600-1776815999@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Xosé Velo
DESCRIPTION:O 21 de abril de 1916  nace en Celanova Xosé Velo Mosquera. Formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas e foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935. No exilio participa no primeiro Congreso da Emigración Galega en Bos Aires e colabora na emisora de radio “Radio Claridad”. Organizou\, con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Sudamérica\, o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/xose-velo-2026-04-21/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260422
DTEND;VALUE=DATE:20260423
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T172438Z
LAST-MODIFIED:20160209T094908Z
UID:14138-1776816000-1776902399@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Victoriano Taibo
DESCRIPTION:O 22 de abril de 1885  nace en Santiago Victoriano Taibo García. Estudou Maxisterio en Compostela e contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. Exerceu de mestre de escola\, foi colaborador habitual de O Tío Marcos da Portela\, membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1926\, así como do Instituto Histórico do Minho desde 1930. Ingresou na Real Academia Galega o 15 de outubro de 1948. Publicou os poemarios Abrente e Da vella roseira\, e o libro de narracións Da agra aberta\, contos e lêndas. Na súa produción poética\, tense sinalado como seguidor de Cabanillas.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/victoriano-taibo-2026-04-22/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260422
DTEND;VALUE=DATE:20260423
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T172616Z
LAST-MODIFIED:20160209T095100Z
UID:14222-1776816000-1776902399@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Mártires de Oseira
DESCRIPTION:O 22 de abril de 1909 son asasinados sete veciños de Oseira. O Bispo de Ourense mandara retirar o baldaquino do mosteiro cisterciense de Oseira ante o seu mal estado de conservación mais a veciñanza  oponse polo que o bispo recorre á Garda Civil. Os veciños e veciñas\, armados con útiles de labranza\, encérranse na igrexa do mosteiro para protexer o baldaquino facendo a Garda Civil uso das armas co resultado de sete mortos e doce feridos.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/martires-de-oseira-2026-04-22/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260422
DTEND;VALUE=DATE:20260423
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T172824Z
LAST-MODIFIED:20160209T100029Z
UID:14306-1776816000-1776902399@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Conservatorio Nacional de Arte Galega
DESCRIPTION:O 22 de abril de 1919 ten lugar  no Pavillón Lino da Coruña a primeira representación do Conservatorio Nacional de Arte Galega. Representa a obra de Ramón Cabanillas A man de Santiña escrita baixo os parámetros das Irmandades de conducir cara o uso do galego  á clase media urbana\, fortemente españolizada lingüística e politicamente. Dada a brevidade da peza  a sesión foi completada coa representación de Uma anedota\, do escritor portugués Marcelino Mesquita.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/conservatorio-nacional-de-arte-galega-2026-04-22/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260423
DTEND;VALUE=DATE:20260424
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T173000Z
LAST-MODIFIED:20160209T095306Z
UID:14390-1776902400-1776988799@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Aurelio Aguirre
DESCRIPTION:O 23 de abril de 1833  nace en Santiago de Compostela o poeta Aurelio Aguirre. Home comprometido co país e coas clases desfavorecidas\, participou como miliciano no levantamento de 1854 e foi un dos asstentes ao Banquete de Conxo. Mantivo amizade con Eduardo Pondal\, Manuel Murguía e Rosalía de Castro. Colaborou na “Revista Galaica” e gozou dunha enorme popularidade. Morre aos 25 anos de idade afogado na praia de San Amaro da Coruña.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/aurelio-aguirre-2026-04-23/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260424
DTEND;VALUE=DATE:20260425
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T173308Z
LAST-MODIFIED:20160209T095901Z
UID:14474-1776988800-1777075199@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Mil primaveras máis
DESCRIPTION:O 24 de abril de 1980\,   Álvaro Cunqueiro pronuncia en Vigo o soado discurso en que desexa mil primaveras máis para a lingua galega. Nunha homenaxe que se lle rendeu en Vigo Álvaro Cunqueiro facía unha apoloxía da lingua  e pronunciaba estas palabras “eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase\, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo (…) Se de min algún día\, despois de morto\, se quixese facer un eloxio\, e eu estivese dando herba na terra nosa\, podería dicir a miña lápida: aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/mil-primaveras-mais-2026-04-24/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260424
DTEND;VALUE=DATE:20260425
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T173455Z
LAST-MODIFIED:20160209T095805Z
UID:14558-1776988800-1777075199@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Cousas
DESCRIPTION:O 24 de abril de 1929 sae do prelo o Segundo libro de Cousas de Daniel R. Castelao\,  editado por Nós na Coruña. Cada “cousa” está composta por un texto e unha ilustración. A fórmula empregada por Castelao nesta súa obra é orixinal\, un novo xénero que supera a linde do exclusivamente literario para\, coa axuda da imaxe\, narrar acontecementos cunha precisa utilización da palabra. “Cousas” representa a crónica dos desfavorecidos retratada por un debuxante\, non se trata de propoñer solucións senón de evidenciar as eivas sen adoptar actitudes moralizantes. A misión de Castelao consiste en denunciar a inxustiza e remover a conciencia dos lectores.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/cousas-2026-04-24/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260425
DTEND;VALUE=DATE:20260426
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160209T101101Z
LAST-MODIFIED:20160209T101855Z
UID:15234-1777075200-1777161599@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Evaristo Martelo Paumán
DESCRIPTION:O 25 de abril de 1853 nace na Coruña Evaristo Martelo Paumán escritor e avogado. Era descendente do poeta e almirante Paio Gómez Chariño. Fixo estudos para mariño pero dedicouse finalmente ao Dereito. Membro da nobreza\, foi Marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro\, era un dos contertulios habituais da Cova Céltica onde trabou unha grande amizade con Eduardo Pondal. Destacou na defensa do galego ao que cualificaba como “fala de reis”. Foi membro da Real Academia Galega.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/evaristo-martelo-pauman-2026-04-25/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260426
DTEND;VALUE=DATE:20260427
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T173850Z
LAST-MODIFIED:20160209T102302Z
UID:14726-1777161600-1777247999@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Mártires de Carral
DESCRIPTION:O 26 de abril de 1846  son fusilados en Carral o coronel Solís e doce dos seus oficiais. O día 23 tivera lugar a batalla de Cacheiras entre as tropas españolas e as galegas de Solís\, que foron derrotadas. A grande superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia e as tropas españolas entraron en Compostela a saqueo e pillaxe.  Solís\, que se refuxiara en San Martiño Pinario\, entregouse aquela mesma tarde. \nTres días despois\, un xuízo sumarísimo condenounos a morte e serían fusilados en Carral. Con este fusilamentos  acaba a sublevación militar que comezara o 2 de abril\, as demais consecuencias serán a represión\, a tortura e o exilio en Portugal dunha morea de revolucionarios. Para o nacionalismo os “Mártires de Carral” son un referente de loita contra o centralismo.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/martires-de-carral-2026-04-26/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260427
DTEND;VALUE=DATE:20260428
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T174023Z
LAST-MODIFIED:20160209T102405Z
UID:14810-1777248000-1777334399@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Segundo Moreno Barcia
DESCRIPTION:O 27 de abril de 1909 morre na Coruña Segundo Moreno Barcia\, avogado\, profesor e político. Liderou o federalismo e defendeu a descentralización rexional e a secularización dentro do Partido Republicano. Foi un dos redactores do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887. En 1907 incorporouse a “Solidaridad Gallega”. Foi socio da Institución Libre de Enseñanza e un dos referentes do librepensamento e anticlericalismo coruñés.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/segundo-moreno-barcia-2026-04-27/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260428
DTEND;VALUE=DATE:20260429
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T174211Z
LAST-MODIFIED:20160209T102706Z
UID:14894-1777334400-1777420799@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Iglesias Roura
DESCRIPTION:O 28 de abril de 1879 nace no Porto do Son Xosé Iglesias Roura\, avogado\, político\, tradutor e escritor. Foi concelleiro na Coruña\, fundador e tesoureiro das Irmandades da Fala\, director  do xornal A Nosa Terra\, académico non numerario da Real Academia Galega e director artístico do coro Cántigas da Terra.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/iglesias-roura-2026-04-28/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260429
DTEND;VALUE=DATE:20260430
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T174421Z
LAST-MODIFIED:20160209T102828Z
UID:14978-1777420800-1777507199@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Portela Valladares
DESCRIPTION:O 29 de abril de 1952 morre Manuel Portela Valladares. Nado en Pontevedra\,  foi un político liberal de ideoloxía centrista que chegou a ser presidente do goberno durante a II República Española. Foi fundador da Liga Agraria de Acción Gallega que liderou Basilio Álvarez. En 1924 fundou en Vigo “El Pueblo Gallego”\, xornal que abriu as portas a intelectuais republicanos e galeguistas\, e fixo campaña a prol dunha rexeneración da vida política española. En 1930\, Portela Valladares foi un dos asinantes do chamado “Pacto de Barrantes”\, en que participaron os máis destacados líderes republicanos e nacionalistas do momento\, entre eles Castelao con quen compartía a necesidade de autonomía para Galiza. Formou parte do Consello de Galiza fundado por Castelao en 1945.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/portela-valladares-2026-04-29/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260429
DTEND;VALUE=DATE:20260430
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160316T090418Z
LAST-MODIFIED:20160316T090418Z
UID:22975-1777420800-1777507199@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Agrupación Nazonalista Independente
DESCRIPTION:O 29 de abril de 1931 Xoán Xesús González\, líder socialista\, consegue reunir un grupo de galeguistas de esquerda nunha plataforma que terá o nome de “Agrupación Nazonalista Independente” na que Lois Tobío Fernández\, será elixido Presidente; Ricardo Carballo Calero\, Vice-presidente; Xoán Xesús González\, Secretario xeral; Nazario Lois\, Contador; Sebastián González García-Paz\, Tesoureiro; Félix González\, Xosé Eiroa e Xosé Queizán Hermida\, vogais e Luís Seoane\, secretario de atas.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/agrupacion-nazonalista-independente-2026-04-29/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260430
DTEND;VALUE=DATE:20260501
DTSTAMP:20260420T123149
CREATED:20160208T174601Z
LAST-MODIFIED:20160209T102912Z
UID:15062-1777507200-1777593599@almanaquedasirmandades.gal
SUMMARY:Vicente Risco
DESCRIPTION:O 30 de abril de 1963 falece Vicente Risco\, investigador\, ensaísta\, crítico\, etnógrafo e escritor. Membro da xeración Nós é considerado un dos grandes teóricos do nacionalismo galego. Entra contacto co galeguismo a través das Irmandades da Fala e esta evolución edeolóxica queda plasmada no seu ensaio  Nós\, os inadaptados. Risco desenvolveu un labor fundamental na recuperación e dignificación da cultura galega\, chegando a ser un dos ideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego. \nComo narrador\, no ámbito da novela curta escribe\, entre outras\, Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros e O lobo da xente. É autor dunha das novelas fundamentais na literatura galega\, O porco de pé.
URL:https://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/vicente-risco-2026-04-30/
END:VEVENT
END:VCALENDAR