Xulián Manuel Magariños
16 - Setembro
O 16 de setembro de 1904 nace o barcalés Xulián Magariños. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, onde colaborou na sección de filoloxía e no estudo da etnografía. Foi colaborador do xornal A Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós. Participará con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío nun Vocabulario popular Galego-Castelán. Publicou dúas noveliñas curtas na histórica colección Lar, O Kalivera 30 H. P. e O filósofo de Tamarica. Morre aos 29 anos.