- Este evento pasou.
Xosé Filgueira Valverde
13 - Setembro
O 13 de setembro de 1996 morre o historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor Xosé Filgueira Valverde. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa, formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixía a sección de Historia da Literatura, presidiu o Consello da Cultura Galega e dirixiu o Museo Rosalía de Castro, o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. Foi membro numerario da Real Academia Galega. A súa obra literaria abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro, aínda que o máis salientable está nos seus traballos de investigación.