Xoán Cuveiro Piñol
28 - Maio
O 28 de maio de 1821 nace na Coruña o lingüista e escritor Xoán Cuveiro Piñol. Rexionalista, participou na revolución de 1846. Emigrou a Cuba onde estreou en 1897 a súa obra Pedro Madruga: drama hestóreco nun auto e tres coadros en verso. É autor dun estudo sobre a lingua galega El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes, e do Diccionario gallego. En 1842 fundou o primeiro xornal de Pontevedra Las Musas del Lérez, en 1852 fundou La Distracción e en 1867 La Revista, e colabora entre outras publicacións, con Revista Gallega e A Monteira.