Cargando eventos

« Todos os eventos

Xesús Taboada Chivite

27 - Novembro

27nO 27 de novembro de 1976 morre o historiador e etnógrafo Xesús Taboada Chivite. Destinado ao Centro de Telégrafos de Ourense alí entraría en contacto co galeguismo a través de Vicente Risco, Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas. Ao finalizar a guerra civil comeza en Verín, a súa vila natal, o seu labor de docencia e investigación, centrándose fundamentalmente en historia e etnografía galega. Autor de Refraneiro galego e Etnografía galega escribirá ademais numerosos artigos en xornais de España, Portugal e América sobre temas de Historia, Arte, Arqueoloxía e Etnografía. Ocupou numerosos cargos e foi membro de institucións tanto dentro do Estado como en Portugal, Francia e América. Levou a sección de arqueoloxía e prehistoria do Instituto de Estudos Galegos, foi Vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Director da Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento e membro correspondente da Real Academia Galega.

Detalles

Data:
27 - Novembro