- Este evento pasou.
Xesús San Luís Romero
9 - Setembro
O 9 de setembro de 1872 nace en Carballo o escritor Xesús San Luís Romero. Con vinte anos emigra á Arxentina onde empeza a publicar os primeiros versos e a representar pezas teatrais entre a colonia galega de Bos Aires. En 1902 volveu a Galiza, establecendo en Santiago o seu obradoiro de zapateiro, e retoma a escrita con composicións anticaciquís no espírito da loita agraria. Publica en diversos xornais, sobre todo no semanario do Centro Republicano. Compuxo e estreou numerosas obras dramáticas, unha delas o seu drama en verso O fidalgo, estreado en 1918 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a peza teatral galega que atinxiu maior éxito na época.