Víctor Casas Rey
31 - Xullo
O 31 de xullo de 1900 nace na Coruña o xornalista e político Víctor Casas. Foi membro das Irmandade da Fala, participa I Asemblea Nazonalista de Lugo, asemblea da que sairía o Manifiesto Nazonalista, que constituiu a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil. Sería un dos impulsores da ORGA e participará na fundación do Partido Galeguista. Colaborou e foi director do periódico A Nosa Terra. Cando se produciu o levantamento do 18 é xulgado en Pontevedra por traizón con resultado de sentenza a pena de morte. Foi fusilado o 12 de novembro do 1936 no monte da Caeira.