Serafín Avendaño
23 - Agosto
O 23 de agosto de 1916 morre o pintor Serafín Avendaño. Pintor de grande recoñecemento e proxección internacional é considerado un renovador de formas e contidos da pintura na segunda metade do século XIX. Na década dos sesenta fanse famosos en Estados Unidos os seus cadros coa impresión dos torrentes fluviais das cataratas do Niágara. A súa especialidade vai ser unha paisaxe de carácter realista e luminista. Asíduo ás Exposicions Nacionais de Belas Artes, obtivo varias medallas entre elas unha polo lenzo Una fuente en Galicia. O seu maior prestixio obtívoo en Italia, onde residiu longos anos.