Sempre en Galiza
10 - Marzo
O 10 de marzo de 1944 saía do prelo en Bos Aires Sempre en Galiza de Castelao, libro de ensaio político de referencia do nacionalismo do século XX. Os primeiros exemplares que chegan a Galiza son de xeito clandestino. Está composto por materiais moi heteroxéneos (artigos, ensaios, conferencias…) pero cun elemento que dá unidade e sentido á obra: ser un tratado de patriotismo galego. Nel encontramos un achegamento valorativo á historia de Galiza, propostas en sentido federalizante para a reconstrución do Estado español, aclaracións conceptuais sobre termos como nación, estado, autoderterminación e unha defensa apaixonada do idioma.
“Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo d-unha cultura moderna e co que ainda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas.”
“Unha nación é soberán e ten dereito a orgaizarse autonómicamente, sen máis límites que os derivados do respeto ao dereito igoal das demáis nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituirse en Estado independente.”