Cargando eventos

« Todos os eventos

Roxelio Pérez González

18 - Xuño

O 18 de xuño de 1897 nace en Rianxo o mestre, inspector de Ensino Primario e pedagogo Roxelio Pérez González, Roxerius. Membro das Irmandades da Fala, en 1919 asistiu, con Antón Vilar Ponte, á Xuntanza Escolar Nazonalista celebrada en Santiago e, anos máis tarde, participaría na fundación do Partido Galeguista. Foi director na provincia de Pontevedra do Padroado das Misións Pedagóxicas. Escribiu  ensaios e artigos fundamentalmente relacionados coa súa especialidade, como son O neno pedagogo, publicado en A Nosa Terra,  A galeguización da escola  e O problema da escola na Galiza, estes dous últimos publicados en El Pueblo Gallego. Tamén en El Pueblo Gallego sería coordinador da súa Página Pedagógica. É autor de dúas interesantes recensións da peza teatral de Dieste A fiestra valdeira,  A obra teatral.Desde a fiestra valdeira e Orixes dun libro novo, publicadas en El Pueblo Gallego. Cultivou  ocasionalmente a poesía. Logo do golpe militar fascista foi cesado do seu posto de inspector.

Detalles

Data:
18 - Xuño