Ramón Bernárdez González
16 - Xuño
O 16 de xuño de 1911 morre Ramón Bernárdez González. Abade da Colexiata da Coruña foi simpatizante do movemento rexionalista liberal. A comezos de 1893 participou na mobilización contra o traslado da Capitanía Xeneral da Coruña. Formou parte da Xunta de Defensa e padeceu algúns días de cadea xunto con outros corenta membros. En 1907 participou na constitución de Solidaridad Gallega, alentou a publicación de Galicia Solidaria e convocou e fallou o concurso en que foi premiado o Catecismo Solidario de Uxío Carré Aldao. Foi membro da Real Academia Galega desde a súa fundación.