Programa radiofónico Sempre en Galicia
3 - Setembro
O 3 de setembro 1950 comeza a emitirse en Montevideo o programa radiofónico Sempre en Galicia, o programa de radio máis antigo de emisión totalmente en galego, e que segue a emitirse na actualidade. A súa emisión é os domingos, mantendo desde o inicio a mesma forma de apertura e cerre: Bos días Galegos, aquí Sempre en Galicia, mentres de fondo soa a muiñeira de Chantada. Foi posto en marcha poucos meses despois da morte de Castelao por iniciativa dos galegos exiliados e residentes no Uruguai Alfredo Somoza, Manuel Meilán, Lois Tobío, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xesús Canabal, Emilio Pita e Manuel Leiras.