Primeira República Galega
27 - Xuño
O 27 de xuño de 1931 proclámase a Primeira República Galega. As primeiras manifestación por unha República Galega empezan en Ourense o 25 de xuño. A situación de crise económica, desemprego e constantes incumprimentos de Madrid fan que o pobo se bote á rúa e unha multitude camiña até a Casa do Concello para erguer a bandeira azul e branca e proclamar a primeira Republica Galega. Un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, un grupo de activistas composteláns, como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos, declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por conseguir a creación da I República Galega ao consideraren que ningunha solución aos problemas do país viría da man do mantemento da nación no Estado español, adoptase este a forma que adoptase. Ese 27 de xuño de 1931, unha maré toma o Pazo de Raxoi, sede do Concello compostelán, e obriga a dimitir en bloque a Xunta de Goberno. Alonso Ríos é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega, mais a escasa implicación cidadá noutras capitais e vilas do pais rematou por provocar a caída da Xunta revolucionaria.