- Este evento pasou.
Porlier
19 - Setembro
O 19 de setembro de 1815 Porlier proclama na Coruña a constitución de 1812. Condenado a catro anos de cadea e encerrado no Castelo de San Antón na Coruña, obtivo o permiso real para unha cura nos baños de Arteixo. Instalarase na Pastoriza desde onde prepara o pronunciamento a favor da Constitución de 1812. Logo dos triunfos na Coruña e Ferrol diríxese a Santiago de Compostela, mais é detido en Ordes, no Mesón de Deus, e sometido a un xuízo sumarísimo. É condenado e aforcado no Campo da Leña da Coruña cando contaba 27 anos.