Pablo Pérez Costanti
2 - Decembro
O 2 de decembro de 1857 nace en Santiago de Compostela Pablo Pérez Costanti. Xornalista, escritor e arquiveiro municipal de Santiago de Compostela colaborou no Boletín da Real Academia Galega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Gallega e Revista Gallega. Participou na Liga Rexional Galega e en 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi membro fundador da Real Academia Galega.