Cargando eventos

« Todos os eventos

O Fidalgo e outras representacións teatrais

16 - Decembro

16 dO 16 de decembro de 1922 o grupo compostelán A Terriña representa a peza O Fidalgo de Xesús San Luís Romero. O Fidalgo foi a peza teatral galega que atinxiu maior éxito na época, sendo representada numerosas veces dentro e fóra do país. Drama en verso con tres autos e un cadro, ten por protagonista un mozo de Bergantiños que loita contra os foros. A primeira edición da obra, impresa por El Eco de Santiago, tiña por portada un debuxo de Asorey en branco e negro. Este mesmo 16 de decembro de 1922, nunha velada teatral no teatro Odeón de Vigo, son representadas pola Agrupación Artística varias obras, entre elas Marzadas de Xavier Prado “Lameiro”, Pra vivir ben de casados, de Leandro Carré Alvarellos e Un vello paroleiro de Heliodoro Fernández Gastañaduy.

Detalles

Data:
16 - Decembro