O Boletín da RAG en galego.
20 - Abril
O 20 abril de 1910 úsase o galego por vez primeira nas páxinas do Boletín da RAG. Aínda que a Academia Galega tiña entre os seus obxectivos a dignificación da lingua habería que esperar a 1910 para atopar o galego nos seus boletíns. Será no Boletín n° 35 (20 abril de 1910), boletín en que se reproduciron os discursos lidos na solemne sesión do 13 de Decembro do 1909 celebrada en Santiago para a recepción do Académico de número Amador Montenegro Saavedra o primeiro en redixir en galego o seu discurso de ingreso, Alma d’a poesía gallega e contestado igualmente en galego por Xan Barcia Caballero.