Cargando eventos

« Todos os eventos

Nan de Allariz

13 - Maio

13 mO 13 de maio de 1875 nace en Xinzo de Limia o poeta, dramaturgo  e xornalista Alfredo Fernández, coñecido como Alfredo Nan de Allariz. Emigrou a Cuba e na Habana foi nomeado secretario da sección de propaganda do Centro Gallego e secretario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Colabora na revista Galicia, La Tierra Gallega, Suevia e Eco de Galicia. En 1914 fundou na Habana o periódico “O Tío Marcos”, título que fai referencia ao publicado en Galiza por Valentín Lamas Carvajal “O Tío Marcos da Portela”. Destacou tamén na súa faceta como compositor musical de zarzuelas, pezas costumistas e operetas.

Detalles

Data:
13 - Maio