Na corredoira, de Prado “Lameiro”.
11 - Decembro
O 11 de decembro de 1921 represéntase a obra Na corredoira de Xavier Prado Lameiro. Debido ao éxito acadado sería de novo representada polo cadro da Irmandade da Fala da Coruña, na súa sede, o 13 de febreiro. Dentro das propostas estéticas do teatro na época das Irmandades Lameiro defendería a liña que seguía os postulados do teatro costumista. As Irmandades quixeron apostar por un proxecto claramente anovador mais, tanto a sociedade como varios sectores das propias Irmandades, entre os que se encontra Lameiro, dificultan que esta aposta de renovación que percorría Europa poida consagrase volvendo así as obras máis costumistas á sede das Irmandades. Lameiro será un dos fundadores da Coral de Ruada e será esta quen estree moitas das súas pezas teatrais. Incorporado ás Irmandades da Fala de Ourense, Lameiro participou dunha maneira decisiva na edición da publicación O Tío Marcos d’a Portela.