Marqués de Sargadelos
17 - Outubro
O 17 de outubro de 1749 nacía Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés, Marqués de Sargadelos, creador en Sargadelos (Cervo) do grande complexo industrial e primeira fábrica con traballadores asalariados en Galiza. Este complexo estivo formado primeiro por unha siderurxia á que logo se lle engadiría unha fábrica de louza. O Marqués de Sargadelos foi provedor armamentístico do Rei Carlos IV, de aí a denominación de Reais Fábricas de Sargadelos. No 1808 Carlos IV concédelle os títulos de marqués de Sargadelos e conde de Orbaiceta. Acusado de afrancesado en 1809 foi linchado en Dompiñor, Ribadeo.