- Este evento pasou.
María Corredoyra
17 - Novembro
O 17 de novembro de 1970 morre na Coruña a pintora María Corredoyra.
En 1916 establece o seu estudo na rúa de Santo André e comeza a exposición das súas obras nos escaparates dos comercios. Na Segunda Exposición de Arte Galega, exposición orientada a difundir a galeguidade polo mundo, María Corredoyra presentará cinco obras. En 1920 iniciará a súa carreira como pintora profesional, un feito inusual para as mulleres do seu tempo. En 1925 fai a primeira exposición individual. A súa obra sería colgada en museos e coleccións de dentro e fóra de Galiza. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e Académica numeraria da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña.