Manuel Soto Freire
26 - Xaneiro
O 26 de xaneiro de 1826 nace en Lugo Manuel Soto Freire, un dos editores máis importantes do século XIX. Editou a Historia de Galicia de Murguía, que tira do prelo en 1865, e a Gramática Gallega de Saco y Arce, publicada en 1868. É tamén autor de La imprenta en Galicia, unha das obras máis completas sobre este tema.