Manuel Iglesias Corral
8 - Setembro
O 8 de setembro de 1989 falecía o avogado e político Manuel Iglesias Corral. Iniciou a súa andaina política como concelleiro na cidade da Coruña en 1931, concello do que chegou a ser alcalde entre 1932 e 1934. Participou na
redacción do anteproxecto do estatuto de Galiza e foi elixido deputado
pola ORGA nas Cortes Republicanas en 1933. Foi fiscal xeral da República en 1936.