Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Manuel Gómez Román

11 - Novembro

11 nO 11 de novembro de 1964 morre en Vigo Manuel Gómez Román, un dos arquitectos máis representativos da arquitectura galega da época. A súa dedicación á arquitectura non lle impediu o seu activismo político e cultural chegando a ser candidato á alcaldía de Vigo pola Fronte Popular nas eleccións municipais de 1936, foi secretario xeral -o último- do Partido Galeguista, presidente da sociedade La Oliva, director do departamento de Arquitectura e Tecnoloxía do Seminario de Estudos Galegos e membro da Real Academia Galega. No seu acto de ingreso na Real Academia Galega co seu discurso Encol dunha arquitectura galega, José Solís, daquela gobernador civil, prohibiu utilizar o galego. Participará na creación do Patronato Rosalía de Castro e fará o primeiro proxecto de recuperación da casa de Matanza en Padrón. Manuel Gómez Román será un dos promotores da conmemoración do Día das Letras Galegas. Como arquitecto entre as súas obras están a Panificadora de Vigo, a capela de A Guía, o edificio Simeón, o edifico do Banco de Vigo (actual Banco Pastor), o monumento de Monteferro, numerosos chalés, pazos e edificios do centro de Vigo, o Hospital Municipal de Vigo, o coñecido edificio Mülder de Montero Ríos ou fábrica de conservas Alfageme. Colaborou na prensa da época con debuxos e caricaturas.

Detalles

Data:
11 - Novembro