Manuel García Barros
12 - Abril
O 12 de abril de 1972 morre Manuel García Barros (“Ken Keirades”) mestre, escritor e xornalista. Son salientábeis os seus contactos e simpatía cos movementos agrarios de comezos de século, así coma cos membros das Irmandades da Fala, e posteriormente co Grupo Nós, especialmente co seu grande amigo Ramón Otero Pedrayo. Destaca o seu labor xornalístico no semanario “El Estradense” do que foi director. A partir do 1920, pasou a ser un persoeiro recoñecido na literatura galega e no galeguismo. Foi un dos piares do xornal “El Emigrado”. É autor da novela As aventuras de Alberte Quiñoi.