Lois Tobio
13 - Xuño
O 13 de xuño de 1906 nace en Viveiro o diplomático, escritor e tradutor Lois Tobio. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, do que dirixiu a sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas, e participou na creación do Partido Galeguista. A sección do SEG que coordinaba Tobío propuxo redactar un Anteproyeito de Estatuto da Galiza, que deu pé ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. O grupo de traballo formárono Alexandre Bóveda, Ricardo Carvalho Calero, Valentín Paz-Andrade, Vicente Risco e o propio Tobío. Despois da guerra civil viviu exiliado en Cuba, México e Uruguay. Foi colaborador na revista Galicia Emigrante. É autor dunha Autobiografía e de obra ensaística. Traduciu ao galego obras de Rilke, Bertold Brecht e Goethe. A universidade de Santiago deu o seu nome a un Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega.