Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Leandro Pita Romero

22 - Novembro

22nO 22 de novembro de 1898 nace en Santa Marta de Ortigueira (A Coruña) o xornalista e escritor Leandro Pita Romero. Membro das Irmandades da Fala da Coruña a súa primeira militancia política estivo ligada ao Partido Agrario Republicano. Esta ideoloxía agrarista e anticaciquil quedará reflectida na súa novela El anarquista, traducida ao galego polo seu amigo o escritor Leandro Carré e editada por Ánxel Casal no número dous na colección de novela breve Lar en decembro de 1924. Logo da instauración da República formou parte de ORGA obtendo unha acta de deputado en 1931. Máis tarde formaría parte do goberno de Lerroux. Co golpe militar fascista tivo que exiliarse, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Como xornalista participou en numerosos xornais e revistas. Na Coruña comeza a escribir en El Noroeste e foi director de El Orzán. Foi redactor de El Liberal en Madrid e xa en Bos Aires colaborará nos principais xornais do momento

Detalles

Data:
22 - Novembro