Cargando eventos

« Todos os eventos

La Zarpa

27 - Xullo

O 27 de xullo de 1921 fúndase La Zarpa, diario agrarista publicado en Ourense entre 1921 e 1936 fundado Basilio Álvarez. Nos seus primeiros anos de existencia levou a cabo unha intensa campaña anticaciquil e en prol da redención dos foros. Naceu con apenas catro páxinas e acabou con doce e unha tirada de case 5000 exemplares. Tivo entre os seus colaboradores a Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Antonio Rey Soto. Destacaba ademais La Zarpa na calidade gráfica das súas viñetas de portada. Castelao, Julio Prieto Nespereira e Cándido Fernández Mazas foron algúns dos nomes propios relacionados con estas cabeceiras.

Detalles

Data:
27 - Xullo