Julio Dávila Díaz
26 - Agosto
O 26 de agosto de 1871 nace en Ortigueira Julio Dávila Díaz, historiador, xeógrafo e escritor. Colaborou nos xornais El Eco de Galicia, onde escribiu artigos sobre Galiza titulados Desde el relleno, e máis tarde e con asiduidade publicará en La Voz de Ortigueira aspectos referidos a diferentes temas locais como o escudo de Ortigueira, os seus personaxes ou a toponimia. A súa grande obra é Geografía descriptiva de la comarca de Ortigueira, á que lle tería dedicado case tres décadas de traballo. Foi fundador, tesoureiro e secretario da Asociación Protectora da Academia Gallega de Bos Aires e membro da Real Academia Galega.