Cargando eventos

« Todos os eventos

Juan Enrique Barreiro Vázquez

27 - Febreiro

O 27 de febreiro de 1984 morre o director de cine e fotógrafo galego Juan Enrique Barreiro Vázquez. Arredor de 1927, coa axuda do seu irmán Ramón, comeza a facer cinema. Catro anos despois funda a produtora “Folk”, coa que realizará un noticiario periódico. Unha dos seus filmes, Por unha nova Galicia, presentado en sesión privada o día 4 de marzo de 1933 no cinema Coliseum de Pontevedra coa asistencia da directiva do Partido Galeguista, é un filme a prol do Estatuto de Autonomía. No verán de 1934 a tarefa cultural da casa Folk marca un novo fito ao “sumarse á obra de reconstitución de cultura galega que está a realizar o Seminario” e filma os traballos de campo do Seminario de Estudos Galegos nas terras de Deza (Pontevedra).

Detalles

Data:
27 - Febreiro