José Gil
3 - Abril
O 3 de abril de 1870 nace José Gil. Nado no concello d´As Neves (Pontevedra), José Gil é a figura máis importante do cinema na Galiza do primeiro terzo do século XX debido ao elevado número de obras que realizou, máis de 150 películas, e polo seu carácter documental que as converte nunha das mellores fontes para coñecer a Galiza desa época. En 1910 comeza a súa actividade cinematográfica centrada na demanda das películas para a emigración, nas publicitarias e nos noticieiros, aínda que tamén realiza un filme de ficción Miss Ledya (1916) onde aparece como actor Castelao. En 1922 funda a súa produtora “Galicia Cinegráfica” e en 1929 crea o noticiario Revista de Galicia. O primeiros dos seus títulos é “Cabalgata anunciadora de las fiestas de Vigo” (1910)