Cargando eventos

« Todos os eventos

Johan Carballeira

17 - Abril

17 aO 17 de abril de 1937  é asasinado  en Monte Porreiro (Pontevedra) José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido polo pseudónimo Johan Carballeira. Este escritor, xornalista e político colaborou en “Vida Gallega” e  “Céltiga”. A partir de 1927, co pseudónimo de “Johán Carballeira”, iniciou a súas colaboracións con “El Pueblo Gallego”. É un dos fundadores da revista viguesa “Gaceta de Galicia”, aínda que o seu labor fundamental seguía a estar en El Pueblo Gallego. En 1926 comezaron a aparecer os seus poemas nos xornais. Johán Carballeira  pertence ao que se denomina “Xeración galega de vangarda”.  Formou parte da dirección do Partido Galeguista.

Detalles

Data:
17 - Abril