Isidoro Rodríguez
12 - Agosto
O 12 de agosto de 1902 morre en Santiago de Compostela Luís Isidoro Rodríguez Seoane, político, xornalista e escritor. Nos seus tempos de estudante de Medicina en Santiago relacionouse con Aureliano Aguirre e Eduardo Pondal, e participou no banquete de Conxo. Colaborou activamente con diversos xornais da época sobre todo de Pontevedra. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País e dirixiu El Progreso. Colaborou en El Siglo Médico, La Perseverancia, Revista de Galicia e Faro de Vigo. Desempeñou diversos cargos políticos e na súa actividade pública prestou atención a temas educativos e culturais. Ocupou o Reitorado da Universidade de Santiago e a presidencia da Sociedad Económica de Amigos del País e do Ateneo León XIII desta cidade.