Cargando eventos

« Todos os eventos

Ingreso na Real Academia de Antón Vilar Ponte

24 - Xullo

24 x ou 2524 de xullo de 1934  ingresa na Real Academia Antón Vilar Ponte  As relacións das Irmandades da Fala coa Academia foron en ocasións complicadas, fundamentalmente polo pouco compromiso que a Academia tiña na defensa da lingua. Este aspecto da defensa da lingua podemos combrobalo nas palabras de Antón Vilar Ponte Cando ingrese farei unha proposta para que no termo de cinco anos, como mínimo, tódolos académicos de número se poñan en condicións de saberen falar e escribir o galego, para que nas sesións, cando menos, o empreguen en troques do castelán. As discrepancias chegaban á escolla que facía de membros e presidentes. Os ingresos na Academia de figuras fundamentais íanse facendo moi de cando en cando, haberá que esperar a 1934 para que o 24 e 25 de xullo ingresen respectivamente na Academia dúas figuras senlleiras no panorama cultural e político galego da época: Antón Vilar Ponte e Castelao. Antón Vilar Ponte pronunciou un discurso sobre O sentimento liberal na Galiza. A resposta estivo a cargo de Ramón Otero Pedrayo.

Detalles

Data:
24 - Xullo