Cargando eventos

« Todos os eventos

Homenaxe a Perfecto Feijoo

31 - Agosto

O 31 de agosto de 1919 os coros bríndanlle ao gaiteiro e musicólogo Perfecto Feijoo unha grande homenaxe en agradecemento ao seu labor. Ás doce da mañá fan os coros a súa entrada en Pontevedra. Ás catro coristas e gaiteiros, ataviados co traxe do País, toman asento nos escanos da casa do Concello. O homenaxeado preside o pleno e é agasallado cun pergameo en que o nomean presidente de honra. Feijoo remata a sua intervención con estas verbas: Eu nada vallo, nin nada son, máis que un gaiteiro que ama de corazón as cousas da terra. Ante esta homenaxe que se me dispensa só sei dicir: grazas, moitas grazas, e teño que rematar convidándovos a que berredes comigo viva Galicia! Vivan os coros galegos! Todos en pé entoan o himno de Pondal. Ás seis comeza a festa nunha abarrotada praza de touros na que interveñen a banda municipal e os coros Toxos e Froles de Ferrol, Cántigas e Aturuxos de Lugo, Agrupación Artística de Vigo, Cántigas da Terra da Coruña, De Ruada de Ourense, Foliadas e Cántigas de Pontevedra e Agarimos da Terra de Mondariz.

Detalles

Data:
31 - Agosto