Cargando eventos

« Todos os eventos

Grabados en linoleum de Xaime Prada

10 - Decembro

O 10 de decembro de 1927, segundo consta no colofón, “acabouse de imprentar por Nós, Real, 36–1º, A Cruña” o álbum Grabados en linoleum de Xaime Prada. As ilustración son a unha soa cor con deseño de letras só na cuberta. O volume vai acompañado das glosas de, entre outros, Banet Fontenla, Víctor Casas, Vicente Risco, López Cuevillas, Otero Pedrayo Ramón Vilar Ponte e Roberto Blanco Torres. En 1982 O Castro realizará unha edición facsímile. O valdeorrés Xaime Prada ocupará un importante lugar como creador artístico, pintor, ilustrador e gravador. A súa vivencia persoal e creadora correría arredor do mundo cultural da revista Nós. Colaborou, entre outras publicacións, con Nós, Rexurdimento e Vida Gallega. Recolleu da tradición oral romances, cantares e contos da comarca de Valdeorras, algúns deles publicados na revista Nós.

Detalles

Data:
10 - Decembro